Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

Celebración da festividade do patrón da Facultade de Administración e Dirección de Empresas

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebra este xoves 3 a festividade do patrón do centro, San Vicente Ferrer. Dentro dos actos oficiais organizados destaca a inauguración, ás 13:15 horas, da cuarta aula de informática da facultade a cargo da vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro Rodríguez, que estará acompañada polo decano do centro, José Díez de Castro.
A continuación, ás 13:30 horas, celebrarase o acto de cesión da obra ‘Indo a Mar’, da pintora Míriam Noemí Ferreyra Maizal, que pasará a formar parte da colección pictórica do centro.

The contents of this page were updated on 04.02.2008.