O profesor Jesús Simal recibe a Insignia de Ouro da USC
A imposición coincide coa xubilación do catedrático que impartiu docencia na universidade compostelá dende o ano 1961
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, impúxolle este luns 29 a Insignia de Ouro da USC ao catedrático de Bromatoloxía, Toxicoloxía e Análise Química, Jesús Simal Lozano, co gallo da súa recente xubilación e no transcurso dunha xantar homenaxe ofrecido polos seus compañeiros da Facultade de Farmacia.
Numerosos artigos en revistas especializadas, libros, teses de doutoramento dirixidas e numerosos proxectos de investigación dan conta da longa e frutífera traxectoria de Simal Lozano, docente da USC dende o ano 1961.