Skip to main content
STG

A Facultade de Farmacia celebra este sábado a festividade da súa patroa

A Facultade de Farmacia celebrará este sábado, día 13, a festividade da súa patroa nun acto que comezará ás 12:30 horas no Salón de Graos do centro coa intervención da vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso, e coa lectura da memoria académica 2007-2008 polo secretario da Facultade, Perfecto Paseiro Losada. A continuación, o profesor Jesús Ángel Simal Lozano impartirá a conferencia ‘A ensinanza con Internet’.
No mesmo acto terá lugar a entrega de medallas en recoñecemento aos profesores que levan 25 anos impartindo docencia Xerardo García Mera, Tomás González Villa, Isabel Míguez Besada, Francisco Orallo Cambeiro e Modesto Salgado Seco. Recibirán tamén unha medalla pola súa recente xubilación a auxiliar de servizos Mª del Carmen Álvarez Pena e o profesor Jesús Ángel Simal Lozano.
O acto continuará coa entrega de diplomas aos doutores no pasado curso 2007-2008 e ao docente mellor avaliado polos alumnos.

The contents of this page were updated on 12.12.2008.