Skip to main content
STG

O síndrome de Williams e o mito da disociación neurocognitiva, tema dunha conferencia en Psicoloxía

O catedrático e director do Departamento de Psicoloxía e investigador do Centro de Investigación en Psicoloxía da Universidade portuguesa do Minho, Oscar Gonçalves, impartirá este martes 8 na USC unha conferencia- coloquio titulada ‘O síndrome de Williams e o mito da disociación neurocognitiva: Evidencia desde os estudos neuropsicolóxicos e neuroanatómicos’.
A charla, que terá lugar ás 11:00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Psicoloxía, está promovida pola Agrupación de Neurociencia Cognitiva da USC.

The contents of this page were updated on 07.07.2008.