Skip to main content
STG

A Facultade de Humanidades de Lugo celebra o acto de licenciatura dos seus alumnos de Hispánicas e Humanidades

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo celebra este venres, día 1 de xuño, o acto académico de licenciatura dos seus alumnos de Filoloxía Hispánica e Humanidades.
O vicerreitor de Coordinación do Campus, Carlos Herrero Latorre, e o decano do centro, Alexandre Veiga, darán a benvida aos case 30 alumnos que se reunirán ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade. Ademais tamén intervirán os padriños da promoción, que neste caso son os profesores de Literatura Española Amparo de Juan Bolufer e de Literatura Inglesa Jesús Varela Zapata.

The contents of this page were updated on 05.31.2007.