Skip to main content
STG

Rematou o campionato de tenis da Universidade de Santiago coa participación de 29 deportistas

Un total de 29 estudantes da USC participaron este mes no Campionato de Tenis que organizou a propia Universidade nas súas instalacións. No torneo individual masculino, no que xogaron 23 homes, ocuparon o primeiro e segundo posto Miguel A. Casal Arantes e Álvaro Álvarez Garrues, respectivamente. Asemade, nos partidos individuais femininos Mariña Chaves Moledo fíxose co primeiro posto e Soledad Arcolano co segundo.
De entre os gañadores, Mariña Chaves Moledo e Miguel A. Casal Arantes disputarán os torneos individuais femininos e masculinos do Campionato Universitario de España de Tenis que se celebrará en Madrid no vindeiro mes de maio. Ademais, nesta competición de carácter estatal tamén participarán nos torneos dobres masculinos, mixtos e femininos as parellas formadas polos estudantes da USC Álvaro Álvarez Garrues e Pablo Valín Fernández; Mariña Chaves Moledo e Miguel A. Casal Arantes; xunto con Soledad Arcolano e Raquel Seijo Rodríguez.

The contents of this page were updated on 03.30.2007.