Skip to main content
STG

A EPS presenta o programa de intercambio bilateral coa Universidade canadiense de New Brunswick

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo presenta este luns, día 26, ás 12:00 horas o programa do Intercambio bilateral entre a Universidade de New Brunswick (Canadá) e este centro. O profesor canadiense Ted Robak explicará na Sala de Xuntas as posibilidades deste intercambio que atinxe ás titulacións de Enxeñaría Técnica Forestal e Enxeñaría de Montes.
A este acto informativo asistirán tamén o director da EPS, Javier Bueno Lema, e o subdirector e coordinador de intercambios, Emilio Carral.

The contents of this page were updated on 03.23.2007.