Skip to main content
STG

O reitor da USC participa en Oviedo na sétima xuntanza do Comité Científico do Centro Europeo de Soft Computing

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, participa este mércores 7 na sétima xuntanza que o Comité Científico do Centro Europeo de Soft Computing (ECSC) celebra en Oviedo. O profesor Senén Barro, que participa en calidade de catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, é membro deste comité xunto a investigadores e personalidades internacionais do mundo científico, entre os que se atopan o profesor emérito da universidade estadounidense de Berkeley e creador da lóxica Fuzzy, Lotfi Zadeh.
O ECSC é un centro de investigación e desenvolvemento promovido pola Fundación para o Progreso do Soft Computing emprazado na localidade asturiana de Mieres. Os seus obxectivos son tanto a investigación básica e aplicada na área do Soft Computing, como a transferencia de tecnoloxía en aplicacións industriais de deseño de sistemas intelixentes para a resolución de problemas reais. Ademais, o Centro quere ser un punto de encontro para expertos de todo el mundo e tamén un lugar no que estudantes de doutoramento e novos científicos poidan desenvolver investigación avanzada.
O Soft Computing, pese a ser unha rama científica nova, ten unha contrastada solidez reflectida na súa achega ao desenvolvemento de novos produtos, en concreto a través de máis de 5.000 patentes en Estados Unidos e outras 1.200 en Xapón.

The contents of this page were updated on 03.07.2007.