Skip to main content
STG

Un ciclo na USC mostra a Historia contemporánea a través do cinema

O prazo de matrícula para este ciclo remata o luns, 12

O Departamento de Historia Contemporánea e de América celebrará entre os días 15 e 17 e do 22 ao 24 de marzo a primeira edición do Ciclo de ‘Historia e Cine: Miradas da Historia Contemporánea’. Ao longo de seis xornadas os asistentes poderán asistir a proxeccións cinematográficas comentadas por expertos que achegarán importantes momentos da historia contemporánea de España e do mundo.
Deste xeito, proxectaranse os filmes ‘El bosque animado’, ‘Raza’, ‘La verdad sobre el caso Savolta’; ‘Rojo y negro’; ‘O afundimento’; ‘Vencedores e vencidos’; ‘A sal da terra’; ‘As uvas da ira’ e ‘Patrimonio Nacional’. Todos eles serán comentados por profesores e investigadores da Universidade de Santiago e da do País Vasco.
O ciclo, organizado en coordinación cos alumnos da licenciatura de Historia, mantén aberta ata o luns, día 12, o período de matrícula. Concederase un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC.

The contents of this page were updated on 03.09.2007.