Skip to main content
STG

Presentación das xornadas de emprego, economía social e igualdade de oportunidades 'Transformando'

A Vicerreitoría de Coordinación do Campus, co apoio do proxecto Equal Lugo Social, organiza o encontro ‘Transformando. Xornadas de emprego, economía social e igualdade de oportunidades’. O acto de presentación celebrarase na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Lugo este venres, día 16, ás 12:30 horas e nela o vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero Latorre, e a vicerreitora de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro, explicarán o seu contido.
O obxectivo destas xornadas, que se desenvolverán os vindeiros días 23 de marzo, 13 e 20 de abril e 4 de maio en distintas facultades do campus lugués, é dar a coñecer as dificultades para acceder ao emprego en igualdade de oportunidades de persoas con discapacidade física ou sensorial, discapacidade psíquica, así como doutros colectivos de risco de exclusión social como xitanos ou mulleres inmigrantes.

The contents of this page were updated on 03.15.2007.