Skip to main content
STG

O ciclo de relatorios de Veterinaria analiza a fluidoterapia en pequenos e grandes animais

O ciclo de relatorios ‘O compromiso das empresas na formación do veterinario’ chega este mércores, día 28, a unha nova edición na que a responsable de División Veterinaria da empresa B. Braun Surgical, Nuria Llamas Álvarez, e o profesor do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da USC Antonio González Cantalapiedra analizarán as posibilidades da ‘Fluidoterapia en pequenos e grandes animais’. Será no auditorio da Facultade de Veterinaria ás 19:00 horas.

The contents of this page were updated on 03.27.2007.