Skip to main content
STG

Conferencia en Económicas sobre a Facenda da Transición

O catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Alcalá de Henares, Francisco Comín Comín, impartirá este xoves, día 29, unha conferencia no marco do Máster en Administración Financeira e Tributaria da USC que dirixe o profesor Luis Caramés Viéitez.
A conferencia, que terá lugar ás 18:00 horas na Aula 9 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, leva por título ‘A Facenda da Transición’.

The contents of this page were updated on 03.28.2007.