Skip to main content
STG

A Facultade de Farmacia convoca un certame de literatura en lingua castelá nas modalidades de verso e relato

Co gallo do 150 aniversario da creación do centro

Dentro dos actos conmemorativos do 150 aniversario da creación da Facultade de Farmacia da USC, a comisión organizadora deste centro e a farmacia Gómez-Ulla convocan o Certame de Literatura en Lingua Castelá nas modalidades de verso e relato.
Os traballos, con liberdade de tema e forma, deberán ter unha extensión non superior a 50 versos ou a cinco folios na modalidade de relato e presentarse por quintuplicado en folios mecanografiados ou mediante impresión informática a dobre espazo por unha soa cara. As obras deberán remitirse ao Certame de Literatura 150 Aniversario, Facultade de Farmacia da USC (Campus Universitario Sur, 15.782 Santiago).
Neste convocatoria, cuxo prazo de admisión permanecerá aberto ata o vindeiro 25 de novembro, pode participar calquera persoa residente en España con orixinais non premiados anteriormente en ningún outro certame. O certame ten un único premio para cada modalidade dotado con 600 euros e medalla conmemorativa.

The contents of this page were updated on 11.12.2007.