Skip to main content
STG

Un total de 42 obras optan aos premios do Certame de Debuxo e Pintura 150 Aniversario da Facultade de Farmacia

Un total de 42 obras presentáronse ao Certame de Debuxo e Pintura convocado pola Facultade de Farmacia e a empresa Alcaliber SA con motivo da conmemoración do 150 aniversario da creación do centro universitario compostelán.
O xurado deste certame deberá agora outorgar os premios as mellores obras, dotados con 1.000 euros e diploma para o primeiro e 500 euros para o segundo na modalidade de debuxo, e con 1.500 e 750 euros na modalidade de pintura.
As persoas interesadas poden atopar máis información sobre o certame na páxina http://www.150facultadefarmacia.com/

The contents of this page were updated on 11.02.2007.