Constituíuse a Comisión de Calidade e Planificación do Consello de Goberno
A Comisión de Calidade e Planificación do Consello de Goberno celebrou hoxe na Sala de Xuntas da Casa da Balconada a súa sesión constituínte. Esta comisión é a encargada de definir os plans de mellora da calidade da USC para ser sometidos ao Consello de Goberno e impulsala e divulgala entre a comunidade universitaria. Na xuntanza de hoxe presentáronse as liñas xerais da Vicerreitoría de Calidade e Planificación e os plans de traballo para o presente ano.
Forman parte desta comisión os vicerreitores Mª Paz García Rubio, de Calidade e Planificación; Mª Dolores Domínguez Santos, de Profesorado e Organización Académica; Mª José Alonso, de Investigación e Innovación; Carlos Herrero Latorre, de Coordinación do Campus de Lugo; e Máximo Pló Casasús, de Oferta Docente e EEES, ademais do xerente Pedro García Moreno.
Polo sector dos profesores funcionarios son membros da comisión José Manuel Cifuentes, Celso Rodríguez, Ernesto Xosé González, Eva María Castro, Xosé M. Masa, José Cajide, e polo persoal docente e investigador contratado Antonio Costoya Puente. Tamén pertencen á comisión os estudantes Iria Fernández Silva, Adrián Fernández-Albor, Marta Burgué e Xosé Afonso Álvarez, e os PAS María Isabel García, Alberte Pérez e Luís Vila. Completa a comisión un representante do Consello Social que aínda está pendente de elección.