Skip to main content
STG

Veterinaria acolle este mércores unha xornada técnica sobre a mamite no gando vacún e un taller de desinfección porcina

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acolle este mércores 25 unha xornada técnica sobre a mamite no gando vacún e un taller de traballo no que expertos afondarán en aspectos relacionados coa desinfección porcina.
A xornada técnica sobre a mamite comezará ás 17:30 horas co relatorio de veterinario de Africor-Lugo, Ramiro Fouz, titulado ‘Interpretación do recordo celular a partir dos datos do control leiteiro’. A continuación, o especialista e asesor no mercado vacún de leite do Reino Unido, Peter Edmondson, disertará sobre o manexo práctico das explotacións con alto contaxio de células somáticas na leite e vías de mellora dos tratamentos. Para rematar o veterinario da empresa de sanidade animal Elanco, Climent Faus, falará sobre a molécula Trelacón.
Por outra banda no mesmo centro e comezando ás 18:00 horas celébrase tamén un taller de traballo sobre desinfección porcina. O inspector veterinairo dos Servizos Oficiais de Gandería de Lugo, Óscar Cacharon Mojón, abrirá a quenda dos relatorios falando sobre os requisitos legais e a bioseguridade nas explotacións porcinas. Deseguido o veterinario e director da empresa de desinfección Higienizo, Miguel Ángel Romero, explicará a ‘Aplicación de APPCC en granxas de porcino e valoración obxectiva dos sistemas de limpeza e desinfección’.

The contents of this page were updated on 04.24.2007.