Skip to main content
STG

A Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago celebra a súa XXXIX Asemblea Xeral

A xuntanza terá lugar este sábado 26 no Colexio de Fonseca

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, preside este sábado, día 26, a XXXIX Asemblea Xeral da Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago. A xuntanza terá lugar ás 11:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O acto, que moderará José Ramón Mato, dará comezo coa conferencia ‘Os símbolos da Farmacia’ que pronunciará o catedrático Francisco Díaz-Fierros Viqueira. A continuación, o decano do centro, José Miñones, realizará unha semblanza do Premio Dolores Trigo 2007, dirixido a todos os farmacéuticos españois, que nesta ocasión recaeu en Carmen Álvarez. Ela mesma recollerá no acto o diploma acreditativo do galardón de mans do reitor, mentres que Luisa Losada fará o propio tras ter acadado un accésit.
A Asociación recoñecerá tamén este sábado aos Socios Distinguidos, aqueles que remataron a carreira de Farmacia hai xa 65 anos. En representación de todos eles pronunciará unas palabras Ernesto Vieitez, catedrático de de Fisioloxía Vexetal.
Por último, seralle entregado a Mariano Blasco un diploma e prato conmemorativo que o acreditan como Farmacéutico Exemplar, recoñecemento outorgado pola asociación.

The contents of this page were updated on 05.25.2007.