Skip to main content
STG

O investigador Miguel Brozos diserta no Seminario Vidal Abascal sobre o operador de Jacobi complexo

O investigador da USC Miguel Brozos Vázquez será o protagonista dunha nova sesión do Seminario do Departamento de Xeometría e Topoloxía ‘Vidal Abascal’. Brozos Vázquez pronunciará a conferencia ‘Operador de Jacobi complexo’ nun acto que se vai celebrar este xoves 31 a partir das 16:30 horas na Aula 7 da Facultade de Matemáticas.
Miguel Brozos Vázquezé licenciado en Matemáticas pola USC e na actualidade atópase na etapa final dos seus estudos de doutoramento. A súa tese de doutoramento “Geometric consequences of algebraic conditions on curvature operators”, dirixida por Eduardo García Río e R. Vázquez Lorenzo, será defendida no próximo mes de xullo.
Nos últimos anos, realizou estadías de investigación na University of Oregon (EEUU) e no Max Planck Institute (Alemaña) como parte da súa colaboración co profesor Peter B. Gilkey sobre o estudo de operadores asociados á curvatura. Miguel Brozos Vázquez é autor de numerosos traballos científicos, que abranguen dende problemas puramente xeométricos a outros de índole física, e tamén aspectos de programación matemática e aplicacións en procesos de decisión.
O Seminario Vidal AbascalO seminario do Departamento de Xeometría e Topoloxía cambia o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do citado Departamento e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

The contents of this page were updated on 05.30.2007.