Skip to main content
STG

Presentación dos programas de 'Anda na Banda' e 'Músicas a carón da Mosqueira' propostas de Lugo Cultural para o presente mes

A banda deseñada e a música centran as actividades previstas por Lugo Cultural para o presente mes no campus universitario lugués. Deste xeito os programas de ‘Anda na Banda’ e ‘Músicas a carón da Mosqueira’ serán presentados o vindeiro luns, día 9, ás 13:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación.
Ao acto de presentación acudirán os vicerreitores de Cultura e de Coordinación do Campus de Lugo, Elias Torres Feijó e Carlos Herrero Latorre, respectivamente; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; a deputada provincial, Fé Rocha; o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez, e un representante da Consellería de Cultura.
Entre as actividades previstas neste dous ciclos culturais destacan o préstamo libre, en diversos lugares do Campus, de publicacións de banda deseñada, mesas redondas, seminarios ou concertos. Na presentación prevista para o vindeiro luns daranse a coñecer as páxinas web dos dous eventos.

The contents of this page were updated on 04.04.2007.