O amor centrará a terceira edición da 'Noite Literaria' organizada pola asociación Evohé na Facultade de Humanidades
A asociación universitaria Evohé organiza este xoves, día 12, a terceira edición da ‘Noite literaria, Noite Evohé’ espectáculo narrativo aduiovisual que comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Humanidades no Campus de Lugo.
Por terceiro ano consecutivo o espectáculo percorrerá o tema do amor desde diferentes puntos de vista, abordando as perspectivas da cinematografía, da música ou da fotografía ao longo da historia da humanidade.
Este recital narrativo inclúe un espectáculo audiovisual e musical durante o que se poderán escoitar textos de autores como David Mejuto, Elvira Fente, Rubén Pérez, Brian Rodríguez e os monólogos de Carmen Conde e Elba Cancio. O acompañamento musical correrá a cargo dos artistas lugueses ‘Iván y Josito’ que aproveitarán a ocasión para presentar o seu novo disco interpretando o tema inédito ‘Adiós’.