Skip to main content
STG

A empresa Nestlé analiza a nutrición dos animais de compañía nunha conferencia en Veterinaria

A empresa Nestlé PetCare España analizará a nutrición dos animais de compañía nunha nova edición do ciclo de relatorios ‘O compromiso das empresas coa formación do veterinario’ que se celebra dende o inicio do curso na Facultade de Veterinaria. A conferencia correrá a cargo do veterinario Ignacio Boixeda de Miquel no auditorio deste centro lugués ás 19:00 horas.
A vindeira cita será o 18 de abril coa intervención do xefe de márketing de Fort Dodge Animal Health, Víctor Giménez Rodríguez, quen falará sobre a inmunoloxía e as vacinas na actualidade.

The contents of this page were updated on 04.10.2007.