Skip to main content
STG

O III Ciclo de Conferencias da Cátedra Unesco 226 da USC sobre Migracións comeza este venres na Facultade de Xeografía e Historia

A Cátedra Unesco 226 da USC sobre Migracións iniciará este venres, día 13, o seu terceiro Ciclo de Conferencias, coordinado polo profesor Julio Hernández Borge, coa participación de expertos procedentes de Valladolid, Sevilla, Estremadura, Lisboa e da propia institución docente compostelá.
O programa do ciclo comezará este venres, día 13, ás 10:00 horas coa intervención do profesor da Universidade de Valladolid Máximo García Fernández que pronunciará a conferencia titulada ‘Emigrantes estranxeiros durante o Antigo Réxime (ss. XVI-XVIII): uns ollos críticos”. Seguiralle o día 20 de abril Antonio Luis López Martínez, da Universidade de Sevilla, co tema ‘Catro séculos de presenza galega na Baixa Andalucía. Séculos XVI-XIX’.
O profesor da USC Camilo Fernández Cortizo protagonizará o día 25 de abril unha nova cita do ciclo coa conferencia ‘A presenza de galegos no Norte de Portugal (1700-1850). A continuación, o día 4 de maio, o docente da Universidade de Estremadura José Pablo Blanco Carrasco disertará sobre ‘Emigración galega en Estremadura (XVI-XIX)’.
Finalmente, o ciclo chegará ao seu fin o día 11 de maio coa conferencia ‘A emigración portuguesa para o Brasil na segunda metade do século XVIII’, a cargo do profesor da Universidade de Lisboa, João Santos Ramalho Cosme.

The contents of this page were updated on 04.12.2007.