Skip to main content
STG

O catedrático da Universidade de Borgoña Emmanuel Larraz imparte unha conferencia en Xeografía e Historia sobre o cine ao servizo da revolución

O catedrático da Universidade de Borgoña, Emmanuel Larraz, impartirá este martes 17 na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia a conferencia titulada ‘O cine ao servizo da revolución. Franceses en Cuba: Chris Marker, Armand Gatti, Agnés Varda (1960-1970)’. A intervención, que comezará ás 20:00 horas, está organizada polo Centro de Estudos Fílmicos da USC (CEFILMUS).
O profesor Larraz está mantén dende hai anos unha estreita relación co institución académica compostelá, tanto polos seus estudos de Filoloxía como polos seus traballos no eido do cinema. Neste senso, foi un dos primeiros hispanistas franceses que lle prestou atención ao tema do cine español, impulsando multitude de estudos nesta liña. Actualmente é director da asociación “Hispanística XX”, da que son participantes activos varios profesores da USC, así como membro do CEFILMUS.

The contents of this page were updated on 04.16.2007.