Skip to main content
STG

A Escola Politécnica Superior debaterá sobre o futuro da agricultura e os montes galegos con motivo do día da árbore

A Escola Politéctica Superior do Campus de Lugo celebra o Día Internacional da Árbore coa organización de dúas mesas redondas nas que varios expertos debaterán sobre o futuro da agricultura e os montes galegos. Así, este mércores día 18, o profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC, Francisco Sineiro García, o director da Gran Enciclopedia Galega, Benxamín Casal Vila, e o autor do libro ‘Agrosistemas sostenibles y ecológicos. La reconversión agropecuaria’, Ramón Fuentes Colmeiro, debaterán sobre ‘O futuro da agricultura en Galicia’. Será ás 12:00 horas no Salón de Actos da EPS e estarán moderados polo director do centro Javier Bueno Lema.
O xoves 19, á mesma hora e no mesmo centro, terá lugar a mesa redonda ‘O monte veciñal: problemática e futuro’ na que intervirán o xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais da Delegación Provincial de Lugo da Consellaría do Medio Rural, Xabier Bruña García; o profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC, Francisco Fernández de Ana Magán; e Lourenzo Fernández Prieto, vicerreitor de Relacións Institucionais da USC e coautor do libro "O monte veciñal. O patrimonio silente". Nesta ocasión estarán moderados polo profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC, Roque Rodríguez Soalleiro.

The contents of this page were updated on 04.17.2007.