Skip to main content
STG

O escritor Agustín Fernández Paz analiza na Facultade de Ciencias da Educación o modelo lingüístico escolar en Galicia

O seminario complétase cunha mesa redonda sobre a situación do galego no ensino obrigatorio

O mestre e escritor de literatura infantil e xuvenil Agustín Fernández Paz acudirá á Facultade de Ciencias da Educación o vindeiro luns, día 14, ás 19:00 horas co fin de explicar o modelo lingüístico escolar en Galicia.
Enmarcado nas xornadas tituladas ‘Análise da situación da lingua galega no sistema educativo’, o encontro complétase cunha mesa redonda sobre a situación do galego no ensino obrigatorio que se celebrará no mesmo centro o martes 17 ás 19:00 horas. A charla, moderada polo profesor da USC Bieito Silva, contará coa participación de representantes da Xunta de Galicia xunto con profesores do C.E.I.P. López Ferreiro e do I.E.S. de Melide.
Estas sesións, organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC, continuarán o mércores, día 16, ás 13:00 horas cun recital de textos literarios no que participarán alumnos e profesores da USC.

The contents of this page were updated on 05.11.2007.