Skip to main content
STG

Tres estudantes da USC acadan dúas medallas de bronce no Campionato de España Universitario de Remo

Os estudantes da USC Rubén Abad Fariña, Antía Domínguez Rodríguez e Laura González García acadaron dúas medallas de bronce na segunda edición do Campionato de España Universitario de Remo que se celebrou o pasado sábado, día 5, no Centro de Alto Rendemento, situado en Sevilla.
Na modalidade individual masculina, Rubén Abad, alumno da Facultade de Física, ocupou o terceiro posto por detrás da Universidade de Córdoba e da Pública de Navarra, que acadaron o primeiro e segundo lugar, respectivamente. No caso da competición feminina por parellas, Antía Domínguez, estudante de Medicina, e Laura González, alumna de Bioloxía, quedaron por detrás da Universidade de Sevilla, que obtivo medalla de ouro, e de Xirona, gañadora da medalla de prata.
Asemade, as deportistas da USC Charo López, Ánxela Segada, Laura González e Antía Domínguez acadaron o cuarto posto na modalidade feminina de catro e os rapaces Borja Estefanell e Francisco López conseguiron ocupar o sexto lugar na categoría de dous masculina.

The contents of this page were updated on 05.07.2007.