Skip to main content
STG

Conferencia en Física do fundador da Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra

Francisco Anguita falará sobre as fronteiras no Sistema Solar nun acto enmarcado no 25 aniversario da Facultade compostelá

O profesor do Departamento de Petroloxía e Xeoquímica da Universidade Complutense de Madrid Francisco Anguita Virella ofrecerá este martes, 8 de maio, ás 13:00 horas na Aula Magna da Facultade de Física, a conferencia ‘Fronteiras no Sistema Solar’. A charla enmárcase nos actos de conmemoración do 25 aniversario da Facultade compostelá.
Francisco Anguita, fundador en 1990 da Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra que conta con más de mil socios en España e Latinoamérica, doutorouse en 1972 en Vulcanoloxía na Complutense, en cuxa Facultade de Ciencias Xeolóxicas continúa a desenvolver o seu labor docente como profesor de Introdución á Xeoloxía e de Xeoloxía Planetaria e investigando na evolución tectónica de Marte e Venus. Coordina ademais un Seminario de Ciencias Planetarias no que se inician na investigación sobre esta cuestión alumnos de distintas Facultades de Ciencias.
Este profesor ten viaxado por todo o planeta, tomando parte en dúas expedicións antárticas, unha de vixilancia volcánica e outra de recuperación de meteoritos. Entre os seus libros recentes figuran Historia de Marte, Biografía de la Tierra, Los volcanes de las Canarias, Crónicas del Sistema Solar y Guía geológica de la Península Antártica, e os CD-ROMs La vuelta al aula en 256 geoimágenes y Un viaje científico por el Sistema Solar.

The contents of this page were updated on 05.07.2007.