Skip to main content
STG

A solución extraxudicial dos conflitos, a debate na Facultade de Ciencias Políticas da USC

Co fin de analizar as posibles solucións extraxudiciais dos conflitos, a Facultade de Ciencias Políticas acolle do 9 ao 11 de maio unhas xornadas organizadas pola Universidade de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia. A inauguración do encontro, que terá lugar este mércores ás 10:00 horas, contará coa presenza do catedrático de Dereito Civil da Universidade de A Coruña, Domingo Bello Janeiro, que falará sobre a resolución dos casos internacionais.
A continuación, o investigador sobre Dereito Privado na USC Xaime Requeixo Souto pronunciará unha conferencia titulada ‘A solución extraxudicial de conflitos no eido do Dereito Civil: especial referencia ao arbitraxe do consumo’. Logo, ás 12:15 horas, a profesora de Dereito Civil da universidade compostelá Isabel Espín moderará unha mesa redonda sobre a relevancia da mediación familiar para acabar cos conflitos.
Xa pola tarde, o catedrático de Dereito Mercantil da USC, Manuel Botana Agra, tratará ás 16:30 horas a solución de conflitos no comercio internacional. Do mesmo xeito, o catedrático da Universidade de Vigo fará o propio ás 17:45 horas co relatorio ‘A arbitraxe no eido do Dereito da propiedade industrial e da competencia’. Como peche desta primeira xornada, o catedrático de Dereito Mercantil da USC dirixirá ás 19:00 horas unha mesa-coloquio sobre as experiencias de arbitraxe no Dereito Mercantil.
Durante as seguintes sesións, un nutrido grupo de expertos profundará en temas como a administración arbitral, os pactos de fin de folga, a mediación no eido do Dereito Penal, as experiencias no Dereito comparado ou as alternativas á xustiza administrativa, entre outras cuestións.

The contents of this page were updated on 05.08.2007.