Skip to main content
STG

O V Encontro Europeo de Danza Universitaria da USC trasládase ao Campus de Lugo

Os seis grupos que participan no V Encontro Europeo de Danza Universitaria que organiza a USC trasladarán as súas interpretacións ao Campus de Lugo este mércores 9 e xoves 10, logo de ter actuado en Santiago.
A Sala dos Mosaicos do Museo Provincial acollerá os dous días, ás 20:30 horas, coreografías diferentes realizadas por cada unha das universidades convidadas. Así, o programa comezará o mércores co Espazo de Danza da USC que interpretará a peza coreográfica ‘Cun par de TAkóNS!’, para continuar coa Aula de Danza da Universidade de Estremadura con ‘The Struggle’. Deseguido, terá lugar a intervención da Aula de Dansa da Universitat Autónoma de Barcelona coa peza ‘Volver’, para finalizar co Laboratorio de Danza da Carlos III de Madrid que bailará ‘Alopecia Areata’.
O xoves 10, tamén ás 20:30 horas, comezará a Universidade Técnica de Lisboa que porá en escena catro pezas curtas, seguida pola a Autónoma de Barcelona, a USC e como remate a produción ‘Espacio Happening’ que amosará os resultados do taller impartido para todos os grupos por Marta Botana, da Universidade Europea de Madrid.
Ademais destas actuacións, como tamén fixeron no Campus de Santiago, terá lugar outra mostra con extractos das intervencións coreográficas o día 10 ás 13:00 horas neste caso, no vestíbulo de Veterinaria

The contents of this page were updated on 05.08.2007.