Skip to main content
STG

O profesor e fotografo Xosé L. Suárez Canal imparte na Residencia Monte da Condesa unha conferencia sobre 'Fotografías chave na historia'

A Residencia Universitaria Monte da Condesa organiza este mércores 9 unha sesión dedicada a ‘Fotografías chave na historia’, da man do profesor e fotógrafo Xosé Luís Suárez Canal. Esta actividade comezará ás 20:00 horas na Sala de Coloquios da residencia universitaria.
Xosé L. Suárez Canal, integrante da dirección do Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, proporá na súa intervención unha viaxe guiada a través da historia da fotografía que levará aos asistentes dende os comezos desta forma de expresión artística ata súa evolución posterior apoiado de abundante material gráfico.
Esta actividade está enmarcada no ciclo de actividades ‘Espazo-Debate’ da Residencia Monte da Condesa e organizada polos bolseiros de vídeo e actividades socioculturais deste centro.

The contents of this page were updated on 05.09.2007.