Skip to main content
STG

O I Congreso Galego do Alzheimer analizará a enfermidade dende diferentes perspectivas profesionais

O encontro desenvolverase no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo entre os vindeiros días 10 e 12

O I Congreso Galego do Alzheimer, que se desenvolverá no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo, reúne durante os vindeiros días 10, 11 e 12 a expertos que analizarán a enfermidade dende diferentes perspectivas profesionais.
O encontro, organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Lugo (AFALU) coa colaboración da USC, pretende favorecer o intecambio de recursos e estratexias aos coidadores analizando o tema dende diferentes perspectivas como a política, a educativa, médica, psicolóxica ou legal. Ademais, ofrecerá un punto de encontro entre profesionais, coidadores e estudantes para a posta en común de ideas, propostas e coñecementos.
O programa comeza o xoves 10, cunha conferencia sobre a acción social e unha mesa redonda sobre a atención personalizada, e continuará pola tarde con obradoiros que amosarán as posibilidades da musicoterapia, as técnicas de autocontrol, ou a psicoestimulación. No segundo día celebraranse diferentes conferencias e mesas redondas dedicadas á transprofesionalidade na atención do Alzheimer e outras demencias, para finalmente o sábado 12, ser tratadas as perspectivas sociais e clínicas desta doenza. Tamén nesta xornada o congreso rematará cunha visita guiada a centros de atención a enfermos de Alzheimer.

The contents of this page were updated on 05.09.2007.