Skip to main content
STG

A Escola Politécnica Superior e o Programa ENMaR organizan dous relatorios sobre contaminación das augas e puríns

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo e o programa ENMaR (Rede Europea de Municipios e Ríos) organizan para o venres, día 18, dous relatorios que analizarán diferentes situacións de contaminación das augas.
Deste xeito, ás 11:30 horas na Sala de Xuntas da EPS, o xefe do Departamento de Medio Ambiente da cunca do río Em Emåförbundet.-Emån Union en Vetlanda (Suecia), Bo Troedsson, disertará sobre ‘Rexeneración dun lago contaminado por Mercurio en Suecia’. A continuación o xerente de Industrias Olimeca, de Outeiro de Rei, Tomás Cavero Mecinas, falará sobre as novas tecnoloxías para o tratamento de puríns.

The contents of this page were updated on 05.16.2007.