A Cátedra Bolívar da USC organiza en Sâo Paulo un seminario internacional sobre o estudo da Economía no contexto do Proceso de Bolonia e do MERCOSUR da Educación
A Cátedra Bolívar da USC promove en Sâo Paulo, xunto coa Fundación Getulio Vargas e a Organización de Economistas da Educación (OEE) do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España un Seminario Internacional sobre o estudo da Economía no contexto do Proceso de Bolonia e do MERCOSUR da Educación.
Expertos de Brasil, Arxentina, Uruguai, Chile, Venezuela, México, España e do Banco Central Europeo debaterán durante os vindeiros días 17, 18 e 19 de maio sobre os novos plans de estudo e o fomento da mobilidade de estudantes e académicos entre Europa e América Latina. Neste encontro tamén se discutirá o Proxecto de Apoio da Unión Europea ao Programa de Mobilidade MERCOSUR en Educación Superior.
Un dos obxectivos do encontro, desde o punto de vista da Cátedra Bolívar, é progresar nun maior coñecemento da oferta formativa universitaria de Galicia nos países de América latina, así como na extensión desta información aos descendentes de galegos, para os que se levará a cabo una sesión específica.