Skip to main content
STG

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas entrega as insignias aos novos titulados da EPS

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas fará entrega este martes, día 22, das insignias conmemorativas aos alumnos titulados no pasado curso na USC. No acto, que terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo da EPS de Lugo, entregaranse ademáis os premios aos mellores proxectos fin de carreira e estudos técnicos. No evento, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Julio Abalde Alonso, impartirá un relatorio sobre os títulos universitarios e a súa acreditación no Espazo Europeo de Educación Superior.
Ao acto asistirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Coruña e Pontevedra, Enrique Luís de Salvador Sánchez; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Armando Rey Rodríguez; e o director da EPS, Javier Bueno Lema.

The contents of this page were updated on 05.21.2007.