A Cátedra Unesco de Dirección Universitaria da Politécnica de Cataluña interésase polos procesos de mellora da calidade desenvolvidos na USC
O director técnico e o profesor da Cátedra Unesco da Universidade Politécnica de Cataluña, Joan Cortadellas e Joan Mundet, visitaron a Vicerreitoría de Calidade e Planificación da USC para coñecer o desenvolvemento do proceso de planificación estratéxica na Universidade, naqueles departamentos e institutos que a USC ten actualmente en fase de execución.
Joan Cortadellas e Joan Mundet interesáronse igualmente polas actividades do Plan de Desenvolvemento Sostible, o compromiso da USC de ser unha universidade socialmente responsable e as actividades que a institución compostelá está a realizar en materia de mellora da actividade docente.