Skip to main content
STG

O Premio Nobel de Física Frank Wilczek asinou no libro de personalidades da USC

Frank Wilczek, Premio Nobel de Física 2004, foi recibido este xoves na sede reitoral da Universidade de Santiago polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto. Na recepción, o científico estadounidense asinou no libro de honra da USC, que recolle as sinaturas e lembranzas das personaxes senlleiras que visitan a institución.
O científico estivo en Santiago convidado polo programa de divulgación científica ‘ConCiencia’ que organiza conxuntamente a Universidade de Santiago e o Consorcio de Compostela. Durante a súa estadía reuniuse con investigadores da USC e pronunciou unha conferencia aberta ao público en xeral.

The contents of this page were updated on 10.19.2007.