Skip to main content
STG

Remata a Semana de Benvida de Lugocultural cun Maratón de cine na Facultade de Humanidades

A Semana de Benvida organizada por Lugocultural e que celebrou durante estes días concertos e representacións teatrais no Campus de Lugo chega este venres, día 19, ao seu fin cun maratón de cine na Facultade de Humanidades.
O Grupo fotocinematográfico Fonmiñá colabora con esta actividade para ofrecer o visionado das curtametraxes da Sección Oficial e da película gañadora da última edición da Semana de Cine de Autor de Lugo. O programa comeza ás 20:00 horas coa proxección das curtas, ‘Alma esquencida’, ‘El corazón delator’, ‘Lo que el ojo no ve’, ‘Entaina’, e ‘Lencería de ocasión’. Ás 23:00 horas os asistentes poderán gozar da película gañadora na Semana de Cine, ‘Después de la boda’, dirixida por Susanne Bier no ano 2006.

The contents of this page were updated on 10.18.2007.