Skip to main content
STG

Grupos de Investigación do Campus de Lugo analizarán os as posibilidades do software libre nunhas xornadas no Cactus lugués

Os grupos de investigación, investigadores en formación e xestores de I+D+i do Campus de Lugo abordarán as posibilidades do software libre nunhas xornadas que se celebrarán este mércores 27 e o xoves 28 no edificio Cactus de lugués.
O curso, organizado pola Vicerreitoría de Investigación e Innovación, pretende amosar aos grupos de investigación unha ampla variedade de plataformas web de código aberto e de utilidade para a xestión de espazos colaborativos asociados a proxectos de I+D+i, a publicación web de revistas científicas ou a creación de repositorios documentais. Os asistentes ás xornadas tamén estudarán o manexo de ferramentas avanzadas de análise de información numérica ou intercomunicación Voip, entre outras. Os profesores serviranse dos exemplos que están a ser empregados na USC para diferentes proxectos e por distintos grupos investigadores.

The contents of this page were updated on 06.26.2007.