Maxisterio de Lugo proxecta 'Johnny colleu o seu fusil' dentro do ciclo de cine existencialista organizado por Evohé
A Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo acolle este martes, día 5, a proxección do filme ‘Johnny got his gun’ do director estadounidense Dalton Trumbo, quen fai nesta película unha versión da sua propia novela sobre un soldado que regresa lisiado da guerrra.
A proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos do centro, enmárcase dentro dun ciclo de cine existencialista organizado pola asociación universitaria Evohé e que inclúe outros títulos como ‘Persoa’ de Ingmar Bergman ou ‘A laranxa mecánica’ de Kubrick.