Decanos de facultades de Farmacia hispano-lusas reúnense na Universidade de Santiago
Con motivo do seu 150 aniversario, a Facultade de Farmacia da USC será sede ata este mércores, día 4, da ‘Reunión hispano-lusa de decanos de Farmacia’ que comezou este martes con varias conferencias sobre as perspectivas desta titulación no Espazo Europeo da Ensinanza Superior, a proxección dos licenciados na sociedade actual e os recentes avances nas investigacións farmacéuticas e a súa relación coas novas tecnoloxías.
Ao encontro asisten máis de vinte decanos das universidades de Santiago, Madrid, Vitoria, Salamanca, Sevilla, Valencia, Navarra, A Laguna, Barcelona, Alcalá de Henares, Granada, Miguel Hernández, Valencia CEU, San Pablo CEU, Coimbra e O Porto.
Asemade, tamén participan na reunión o vogal de docencia do Consello Xeral do Colexio Oficial de Farmacéuticos de España, Francisco Zaragozá; a presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, Rosa Lendoiro; o presidente da Secção Regional de Coimbra, Fernando J. Dos Ramos; e o secretario xeral da Secção Regional de Coimbra, Humberto Martins.
Programa da reuniónAdemais dos relatorios, durante a sesión matinal da xornada do martes tamén se celebrou a conferencia nacional de decanos á que lle seguiu a entrega do ‘Premio Benito del Castillo Moral’, convocado pola Academia de Farmacia de Galicia. Xa pola tarde, a reunión continúa coas visitas por diversos lugares de Santiago e pola exposición ‘150 años da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela’, instalada no Colexio de Fonseca.
No transcurso do mércores, día 4, os decanos charlarán ás 09:30 horas na mesma facultade sobre a actualidade farmacéutica e, despois, farán unha excursión ás Rías Baixas.