Skip to main content
STG

O XXXI Coloquio de Lingüística Funcional dedica a xornada do venres ás linguas minoritarias, a dialectoloxía e a gramática histórica

Os asistentes ao XXXI coloquio anual da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional, que se celebra na Facultade de Humanidades de Lugo, dedicarán a xornada deste venres ás linguas minoritarias, á dialectoloxía e á gramática histórica, entre outros temas.
Organizados en tres salas diferentes, os poñentes de diversas nacionalidades comezarán a traballar ás 9:30 horas expoñendo as súas conclusións e traballos científicos. Na sala A os congresistas achegarán os seus coñecementos sobre a dialectoloxía pola mañá e sobre línguas minoritarias pola tarde. As outras dúas salas resérvanse durante todo o día para a mesma finalidade, no caso da Sala C para traballar sobre gramática histórica e no caso da Sala B os congresistas poderán expoñer as suas conclusións sobre temas diversos.
Ás 17:45 horas está prevista a intervención da profesora María Montes López, para falar sobre a lingua galega e pecharanse as actividades do día, ás 20:30 horas, co concerto da guitarrista Margarita Escarpa no Círculo das Artes

The contents of this page were updated on 09.13.2007.