Presentación do XXXI Coloquio da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional
Este martes, día 11 de setembro, será presentado ás 10:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, o XXI Coloquio da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional, que se celebrará do 12 ao 15 deste mes neste centro lugués.
Ao acto de presentación asistirán a vicerreitora de Oferta e Xestión Académica do Campus de Lugo, Begoña Barreiro; a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón; o presidente da Deputación de Lugo, J. Gómez Besteiro; o alcalde da cidade, López Orozco; a presidenta da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional (SILF), Henriette Walter; e o organizador do coloquio e decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga.