Skip to main content
STG

Os participantes no coloquio da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional visitarán este xoves o Campus de Compostela

Os participantes no coloquio anual da Sociedade Internacional de Lingüística Funcional (SILF) que se celebra estes días na Facultade de Humanidades de Lugo visitan este xoves, día 13, o Campus de Compostela.
Os congresistas asistirán en Filoloxía a un relatorio do profesor da Universidade de Salamanca, Luis Santos Río. As actividades complétanse pola tarde cunha visita guiada polas zonas máis emblemáticas da cidade compostelá.

The contents of this page were updated on 09.12.2007.