Farmacia conmemora a festividade da súa patroa

A Facultade de Farmacia conmemorou este venres 13 a festividade da súa patroa, a Inmaculada Concepción, nun acto no que tamén se entregaron as insignia de ouro do centro ao profesorado xubilado, os diplomas conmemorativos ao novos doutores/as do curso 18/19 e os premios do VI Concurso de Ideas para portada de TFG e de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde.
Baixo a presidencia do reitor Antonio López, tamén participaron o decano do centro Francisco J. Otero Espinar; o subdirector xeral de Farmacia da Consellaría de Sanidade, Jesús Manuel Balea Figueiras; e a secretaria da Facultade, Matilde Casas Paradas, que deu lectura á memoria académica do pasado curso. Ademais a profesora María Isabel Loza García pronunciou o relatorio ‘Retos, logros e dificultades no descubrimento de medicamentos’.

Profesorado xubilado
No desenvolvemento do acto recibiron a insignia de ouro da Facultade os profesores xubilados o curso 18/19 Joaquín Espinosa Gallego, Carlos Ferreirós Domínguez, Francisco Guitián Rivera e Rosa Antonia Lorenzo Ferreira.
Doutores
Tamén se recibiron un diploma conmemorativo os novos doutores e doutoras do pasado curso académico, Natalia Barreiro Piñeiro, Antón Leandro Martínez Rodríguez, José Víctor Álvarez González, Shirly Margarita Nieves Maldonado, Andrea García Silva, Irene Izquierdo Berjano e Leticia Goimil García.
Concursos de Ideas e Subtitulación
A xornada foi tamén o escenario para a entrega dos premios dos concursos de Ideas para portada de TFG, unha convocatoria que alcanza a súa sexta edición e que patrocina Bancofar. O primeiro premio foi para Inés Rodríguez Chas, ademais dos accésits outorgados a Patricia Vázquez Loureiro e Guillermo Blanco Fernández.
Finalmente, David Miguel Rodríguez Martínez e Ainoa Antelo Pérez foron recoñecidos cos premios do cuarto Concurso de Subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde.