Os organismos equivalentes á CIUG en España debaten na USC propostas para harmonizar a organización dos distritos universitarios

A Facultade de Ciencias Políticas da USC acolle estes días unha xuntanza coordinada pola Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) e na que participan medio centro de representantes dos organismos homólogos da CIUG no resto do Estado. A Santiago acudirán representantes de Canarias, Baleares, Andalucía, Cataluña, Euskadi, Madrid, Aragón, Estremadura, Murcia, Navarra, Castela León, Valencia, A Rioxa, Castela A Mancha ou UNED.
O obxectivo fundamental da xuntanza é o intercambio de experiencias e coñecemento entre todos os asistentes na busca de propostas de mellora continua. Como sinala o representantes da USC na CIUG, o profesor Celso Rodríguez, “na Comisión Interuniversitaria valoramos a pluralidade de sistemas como unha oportunidade para mellorar a realidade en cada un dos distritos universitarios”. O encontro permitirá “compartir temas que van dende a confidencialidade na elaboración dos exames ou o anonimato do autor de cada exame ata o réxime disciplinario ou as adaptacións para o alumnado con necesidades educativas especiais”.
A segunda xornada servirá para debater sobre o calendario e procedemento de acceso á universidade ou o traslado de expedientes. O reitor Antonio López presidiu este xoves a inauguración da xornada, nun acto no que tamén participaron o presidente da CIUG, Iván Area Carracedo, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López.
O obxectivo fundamental da xuntanza é o intercambio de experiencias e coñecemento entre todos os asistentes na busca de propostas de mellora continua. Foto: Santi Alvite