Skip to main content
STG

Declaración institucional: suspéndese cautelarmente de funcións a Luciano Méndez Naya e iníciase un procedemento sancionador derivado dos feitos acontecidos na Facultade de Ciencias Económicas

O reitor, nun encontro cos medios de comunicación este mércores en San Xerome para dar conta das decisión adoptadas. Foto: Santi Alvite
O reitor, nun encontro cos medios de comunicación este mércores en San Xerome para dar conta das decisión adoptadas. Foto: Santi Alvite
O reitor asinou a resolución e deuse inicio ao proceso de notificación ao docente, Facultade e Departamento
Santiago de Compostela

A USC vén de resolver a suspensión cautelar de funcións de Luciano Méndez Naya, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e de xeito inmediato procederase a abrir un procedemento sancionador motivado polos feitos protagonizados polo docente o martes día 22 nas aulas do centro. O reitor asinou a resolución e deuse inicio ao proceso de notificación ao docente, Facultade e Departamento.

A contundencia e inmediatez da actuación vén derivada da gravidade dos feitos, a reiteración que se ten producido neste tipo de actuacións por parte de Luciano Méndez Naya, así como buscando garantir o bo funcionamento do servizo e evitar que se poidan repetir este tipo de situacións.

Esta decisión xa foi comunicada á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, así como á dirección do Departamento afectado, co obxectivo de que se adopten as medidas oportunas para que a docencia poida seguir impartíndose con normalidade por outros profesores á espera da resolución do procedemento sancionador, que será o que estude todas as probas pertinentes tanto da parte denunciante como da denunciada para achegar a oportunas garantías e unha resolución definitiva.

The contents of this page were updated on 12.09.2019.