Skip to main content
STG

O Museo de Historia Natural da USC celebra o Día Internacional dos Museos

Imaxe nocturna do Museo de Historia Natural
O Museo de Historia Natural atópase na Finca de Vista Alegre
Do 18 ao 23 de maio, incorpórase á exposición temporal pezas dos fondos que normalmente non están expostas pero que “cremos que terán gran interese por parte do público, tanto polo seu valor científico como histórico”
Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural da USC celebra o martes 18 o Día Internacional dos Museos con entrada de balde durante toda a xornada. Ademais, do 18 ao 23 de maio, por mor da imposibilidade de realizar actividades debido ás restricións sanitarias existentes, incorpóranse á exposición temporal pezas dos fondos do Museo que normalmente non están expostas pero que “cremos que terán gran interese por parte do público, tanto polo seu valor científico como histórico”, explican dende a dirección do Museo.

Debuxos e caixas entomolóxicas orixinais de Luis Iglesias; partes da balea azul, un dos animais máis grande que poboou e poboa a Terra, pois pode superar facilmente os 30 metros de lonxitude e as 100 toneladas de peso; esqueletos completos de diferentes animais como poden ser o mono, gorila, ou as serpes; ou un cachorro de león que finou aos oito días nun circo que pasou por Compostela en 1879, serán algunhas das pezas expostas ao longo desa semana.

 

The contents of this page were updated on 05.20.2024.