Skip to main content
STG

Seguridade no posto de traballo

Boas prácticas de seguridade no posto de traballo

Cantas veces saímos do despacho e deixamos a pantalla aberta, sen protección, con sesións iniciadas nas aplicacións coas que traballamos e con información sensible á disposición de quen sente na nosa cadeira?

Deixamos listaxes con información persoal de alumnos ou traballadores enriba da nosa mesa cando marchamos da oficina?

Sacamos arquivos fóra da USC nun lapis de memoria (pendrive) ou enviámonos a nós mesmos arquivos por correo electrónico a unha conta persoal de gmail ou similar para traballar na casa?

Estas prácticas son extremadamente perigosas. Debes bloquear o teu ordenador cando non esteas diante del; usa sempre o almacenamento na nube e garda baixo chave o que precises imprimir. Lembra que os lapis de memoria pérdense e a súa información pode caer en mans estrañas.

E nunca, nunca, nunca, uses contas de correo alleas á USC para manexar información do traballo.

The contents of this page were updated on 07.19.2022.