Skip to main content
STG

O Colexio Oficial de Dietistas e Nutricionistas de Galicia organiza un foro sobre alimentación e nutrición humana en Ciencias

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
As xornadas comezan este venres ás 16.00 horas no centro universitario lugués, onde terán continuidade as sesións programadas durante a mañá do sábado

O Colexio Oficial de Dietistas e Nutricionistas de Galicia (Codinugal) celebra este venres 29 marzo as súas primeiras xornadas sobre alimentación e nutrición humana na Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, o único centro do Sistema Universitario de Galicia (SUG) no que se imparte o título de grao en Nutrición Humana e Dietética.

A xornada promovida por Codinugal, un foro que se desenvolverá en quenda de tarde, a partir das 16.00 horas, terá continuidade o sábado cunha sesión matinal. O programa deste foro inclúe unha sesión sobre antropometría, a cargo de Toni Sala, así como a presentación e diversas comunicacións científicas relacionadas coa alimentación vegana e vexetariana en idades comprendidas de 0 a 3 anos, ou coa nutrición alén da perda de peso.

A incidencia da educación alimentaria nos hábitos do consumidor e a evolución da composición corporal son outras das temáticas que tratarán diversos relatores no marco desta primeira xornada organizada polo Colexio Oficial de Dietistas e Nutricionistas de Galicia, un órgano colexiado que tamén celebrará en Lugo na tarde do 30 de marzo a súa asemblea xeral.

The contents of this page were updated on 03.28.2019.