Skip to main content
STG

Acto de graduación da promoción 2014-2018 da Facultade de Filoloxía

O reitor Juan Viaño presidirá este sábado 21 a graduación do alumnado da Facultade de Filoloxía que cursou este estudos neste centro no período 2014-2018. A sesión celebrarase a partir das 17.30 horas no Auditorio de Galicia.

O acto comenzará coa intervención das madriñas e padriños das distintas promoción: José Virgilio García Trabazo en representación dos padriños/madriñas de Filoloxía Clásica; María José Alonso Veloso, por Lingua e Literatura Españolas; Xosé Luís Regueira Fernández, de Lingua e Literatura Galegas; Laura María Lojo Rodríguez, de Lingua e Literatura Inglesas; Víctor Miller Schröder, por Alemán; María Luz Casal Silva, de Francés; e Javier Gutiérrez Carou, de Italiano.

Deseguido, os estudantes Óscar Cardoner Sebio e Irene Fernández López intervirán en representación do alumnado graduado precedendo á entrega de diplomas conmemorativos. A decana da Facultade, María José López Couso, tomará a palabra no final do acto que clausurará o reitor.

The contents of this page were updated on 04.20.2018.